música? por que non?!
Pois si, aínda que tiña pensado falar doutra cousa nesta publicación, ocorréuseme falar de música. E preguntarédesvos que pinta a música nun blog de publicidade, pois seguramente máis do que ningúen pode pensar...
A música é aquela expresión artística que levanta certas emocións nas persoas, ben sexa de amor ou protesta sempre vai causar algunha impresión en nós. Serve para expresar aquelo que non se pode dicir con palabras por iso provoca sentimentos tan dispares.
Todas as comunidades teñen manifestacións musicais, incluso algúns animais se comunican por liguaxes sonoras que poden ser consideradas musicais. Pero tamén é certo que toda canción ou manifestación sonora ten algún rasgo característico da súa cultura que a fai diferente ás demáis.
Aquí e onde quero ir dar. Se toda cultura, e polo tanto territorio, ten a súa música propia, esta debe ser un xeito de amosar esa sociedade ó mundo. Pódemola empregar como patrocinio do noso, de nós mesmos.... é unha forma de publicidade.
Os turístas non se achegan ó seu destino só pola beleza paisaxística ou polo sol e praia, algúns tamén buscan a riqueza da xente e a cultura. E todo isto está reflectido na música.
Aquí vos deixo unha mostra duns músicos africanos e uns galegos para que comparedes e vexades ó que me refiro.



bienhablada dijo
Ola!
Pois si que a música é unha parte moi importante de cultura. Esto móstrasnolo perfectamente nestes dous vídeos. Nada máis distinto que a música africana e a galega. Ainda que si teñen en común que atopen nesta un instrumento de referencia cultural vese claramente que estes estilos musicais teñen características distintas tanto nos instrumentos, na vestimenta...
A música é un mundo e sen ela seríanos moitas veces imposible comunicarnos con outra xente.
Un saúdo María
12 Abril 2008 | 04:36 PM